Estas semanas imos aprender algunha panxoliña. Pero que son realmente? Lede atentamente: A panxoliña[1] é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral. As panxoliñas, pola contra, son cancións populares cantadas polo pobo, en grupo ou individualmente ante o Belén ou na festa do Nadal. Sábese da existencia de panxoliñas desde o século XV, mais non nos chegou ningún documento que explique as súas características, só referencias a como se organizaban os veciños para lle iren cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis. O nome panxoliña procede das dúas primeiras palabras do himno Pange lingua gloriosi corporis mysterium escrito por Tomé de Aquino no século XIII.[2] A recuperación do termo tivo lugar en 1958 coa publicación do texto de Cipriano Torre Enciso.
A ver que tal nos sae esta panxoliña:
Outra panxoliña moi bonita:
Imos practicar ecos musicais:
Tamén repasaremos audición a partires destes ditados musicais:
Toca comezar xa a preparar algunha panxoliña. Imos aprendela de memoria, despois a gravarei e tentarei facer un remix con todos os grupos de 5º e 6º. Por outra banda, coñeceremos os instrumentos electrófonos. Aprenderemos moitas curiosidades...
Imos aprender a canción, a ver que tal nos sae de memoria para a seguinte semana. Despois escoitaremos a obra tan coñecida: "Pedro e o lobo", e a continuación faremos unhas actividades moi divertidas.
Xa estamos chegando rapidiño ao Nadal...polo que comezaremos a preparar unhas bonitas panxoliñas. Estes días con 3º quero practicar un pouco de pequena percusión; coa obra "Moita festa". Estou segura de que o faredes de marabilla! Por outra banda, seguiremos estudando un pouco de teoría cos cadernos.
5º/6º
O alumnado de 5º e 6º estades moito máis centrados nas materias; aínda que xa un pouco cansos destes meses de duro estudo. Hoxe imos practicar a "Muiñeira de Pontesampaio" cos paus chineses, para non perder o noso ritmo! Agardo que vos guste!
Nas vosas casas podedes repasar as notas na frauta; así comezaremos a tocar algunha peza e podedes enviarmo ao correo electrónico cando vos saia ben! Comezamos polas notas si e la. Si: tapamos o buraco de arriba de todo e o de detrás. La: tapamos os dous buracos de arriba máis o de atrás. Isto é repaso, xa que deberiades sabelo doutros cursos. A ver que tal!
1º/2º
Esta semana tocou repasar "A marcha do león", do Carnaval dos animais, e tamén "O reloxo sincopado" de Leroy Anderson.
Ola a todas e todos! Unha semaniña máis por aquí andamos. Hoxe comezamos cun xogo para repasar as figuras musicais e os compases. Válido de 3º a 6º de primaria. Xa sabemos o compás binario, ternario e cuaternario, a que si?
Estes días os alumnos de 1º escoitarán fragmentos da obra tan famosa "O carnaval dos animais", de Camile Saint Saëns. Hoxe toca "A marcha do león". Segurísima de que vos encantará.
Ademáis tamén aprenderemos a canción "Camiño de Viseu".
3º e 4º
Seguimos repasando linguaxe musical. Vexo que todos e todas estades moi atentos as explicacións. Así que veredes que doado se nos fará. Esta semana faremos a ficha do caderno "Na baía ten" en 4º. Acompañaremos con percusión grazas aos paus chineses.
En 3º tocaremos o musicograma do "Outono" con instrumentos de percusión de altura indeterminada.
Ola de novo rapazada! Esta semana os nenos e nenas de 6º C e 6º A quedan sin clase de música, pero podedes seguir por aquí algunha cousiña..
5º e 6º
Estes días seguiremos facendo un pouco de caderno. Despois, tentaremos seguir a canción de moda: "Jerusalema" con percusión corporal. Despois de tanto practicar seguro que nos sae de marabilla.
Aínda que na clase non tocamos a frauta; na casa si que podedes practicar un pouco. Xa vos dixen ao inicio do curso que podedes enviarme vídeo para que eu vexa que seguides tocando. Aquí propoño unha linda melodía. Tamén a podemos cantar, coas notas ou inventando unha letra:
Imos escoitar coa imaxinación. Para estas clases ensinareivos unha fabulosa obra chamada: "A máquina de escribir", de Leroy Anderson. Faremos un pequeno escrito sobre o que nos suxire...e aprenderemos moitas anécdotas e curiosidades!
Para os máis cativos propoño esta semana un pedacito da obra "Nun mercado persa". Introducirémonos nun mercado do Oriente...estou segura de que vos encantará.