jueves, 26 de noviembre de 2020

30 novembro ao 4 de decembro

 Ola nenas e nenos!

5º/6º

Toca comezar xa a preparar algunha panxoliña.
Imos aprendela de memoria, despois a gravarei e tentarei facer un remix con todos os grupos de 5º e 6º.
Por outra banda, coñeceremos os instrumentos electrófonos.
Aprenderemos moitas curiosidades...

ELECTRÓFONOS



Esta semana igual nos libramos de facer caderno.
Xogamos agora a boom:

XOGO INSTRUMENTOS

Para o alumnado de 5º teño unha actividade sobre instrumentos do mundo. Xa veredes canto aprendemos:

INSTRUMENTOS DO MUNDO

3º/4º

Os nenos e nenas de terceiro e cuarto cantaredes unha panxoliña moi bonita, chamada: "A luz do Nadal"
Estou segura de que vos encanta
!


Repasamos as notas musicais con este xogo:

XOGAMOS COAS NOTAS MUSICAIS

REPASANDO NOTAS

Aquí están un par de xogos que nos axudarán a repasar cousiñas dadas neste trimestre. Seguro que nos saen xenial!

XOGOS REPASO

1º e 2º
Traballaremos arredor da figura do Apalpador. Sabedes quen é? Penso que vos encantará!

APALPADOR

Imos aprender a canción, a ver que tal nos sae de memoria para a seguinte semana.
Despois escoitaremos a obra tan coñecida: "Pedro e o lobo", e a continuación faremos unhas actividades moi divertidas.

PEDRO E O LOBO


ACTIVIDADES

No hay comentarios:

Publicar un comentario

21 xuño

 Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...