Ola rapazas e rapaces!
1º a 4º
Comezamos unha semaniña máis. Xa estades preparados e preparadas para O Entroido?
Esta vez, tócanos coñecer algo da obra de Camile Saint Saëns: "El Carnaval de los animales".
Penso que é unha das obras que todos os nenos e nenas deberiades coñecer.
El carnaval de los animales (en francés: Le carnaval des animaux) é unha suite musical en 14 movementos composta polo compositor romántico francés Camille Saint-Saëns. Esta obra orquestal ten unha duración de entre 22 e 30 minutos.
Cando acabemos de escoitala, podemos elixir os animais que máis nos gustaron e debuxalos. Parécevos?
Tamén imos repasar os ritmos de batucada:
Para saber máis:
En Galicia temos algo semellante á batucada; é o folión ou fulión. Veredes:
O personaxe emblemático de Viana do Bolo é o Boteiro, que durante os días de Entroido percorre as rúas da vila acompañando ao Folión. Estos Folións son procesións rituais compostas por 30 ou 40 veciños que, acompañados por bombos, azadas, guadañas e cornos, visitan distintos pobos do Concello cos seus espectaculares e brilantes gorros. O significado que acompaña aos folións alude á protección frente aos espítitus adversos, encarnados na mitoloxía popular polas “meigas” e “trasnos”.
Agardo as creacións tan divertidas dos nenos e nenas de 3º coa melodía de Frére Jacques:
Tamén as improvisacións do alumnado de 5º e 6º sobre os refráns e ditos galegos.
Todos os alumnos/as podedes crear unhas maracas de
Colleremos unhas botellas pequenas de plástico e meteremos dentro obxectos como:garavanzos, arroz, fideos pequenos, contas, lentellas.
(soamente un tipo de obxecto)
Pegaremos o tapón, para que non se abra. E decoramos con cintas, gomets, pinturas...Xa teremos feitas as nosas maracas para acompañar as cancións!
Espero que mas ensinedes á volta do Entroido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario