Ola! Voltamos despois duns días de lecer.
Xa sabedes que o día 24 de febreiro é o día que celebramos na honra de Rosalía de Castro.
Por iso, imos traballar uns poemas desta grande poetisa. Veredes que orixinal!
Esta semana é máis curtiña, polo que traballaremos un pouco no caderno.
5º
Comezamos con esta artista para lembrar a Rosalía de Castro:
Falamos sobre sinais sonoros.
4º
O nenos e nenas de 4º curso aprenderedes esta fermosa canción, adicada a Rosalía de Castro:
ROSALÍA PEQUENIÑA
Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata

Ilustración de Marina Seoane
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.
A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.

Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.
Rosalía, Rosalía...
Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas nin ás delicadas flores.
![]() |
Poema de Rosalía sobre ilustración de Marina Seoane |
Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.
Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.
Rosalía, Rosalía...
No hay comentarios:
Publicar un comentario