Ola nenos e nenas!
4º 5º E 6º
Esta semana celebramos o Samaín.
Teño unhas propostas moi divertidas para facer.
En primeiro lugar imos poñer a voar a nosa imaxinación...Coa música que escoitemos, teredes que pensar un breve relato e ilustralo. Seguro que van saír cousas moi orixinais!
ESCOITANDO COA IMAXINACIÓN
Tamén leeremos sobre os vosos traballos da biografía de Camile Saint Saens.
Hoxe veremos outro tipo de musicograma, ou o que é o mesmo, seguir unha obra con debuxos para ver a súa forma e estrutura.
Estou segura de que vos encantará:
Faremos tamén algo novo do caderno, para ir estudando e repasando teoría musical.
E por último, faremos percusión corporal do "We will rock you" de Queen.
Para 5º, esta semana teño unha actividade cos paus chineses. Púxenlla aos nenos e nenas de 4º e saíulles de marabilla. A ver se vos gusta!
1º e 2º
Os nenos e nenas de 1º e 2º repasaremos a cancion de "Samaín" do grupo Faneca e Longueirón.Ademais, aprenderemos esta canción de Mamá cabra e faremos un pequeno baile individual:
Faremos algunha folla do caderno, escoitando con atención todo o que nos conte a profe.
Xogaremos coa frauta de émbolo e o movemento sonoro co noso corpo: arriba-abajo.
3º e 4º
Para o alumnado de 3º, esta semana hai unhas fichas moi divertidas! Veredes, veredes...As acompañaremos con esta canción:
A mesma canción con pictogramas:
Ao rematar as sesións, ou para a hora de ler...podemos escoitar a canción que máis nos guste nesta ruleta!
RODA CANCIÓNS SAMAÍN
No hay comentarios:
Publicar un comentario