Ola de novo rapazada!
Esta semana os nenos e nenas de 6º C e 6º A quedan sin clase de música, pero podedes seguir por aquí algunha cousiña..
5º e 6º
Estes días seguiremos facendo un pouco de caderno.Despois, tentaremos seguir a canción de moda: "Jerusalema" con percusión corporal. Despois de tanto practicar seguro que nos sae de marabilla.
Aínda que na clase non tocamos a frauta; na casa si que podedes practicar un pouco. Xa vos dixen ao inicio do curso que podedes enviarme vídeo para que eu vexa que seguides tocando.
Aquí propoño unha linda melodía. Tamén a podemos cantar, coas notas ou inventando unha letra:
Gústame moito como vos estades implicando nas sesións de música.
Cada día más feliz de sembrar en vós o gusto pola boa música.
Déixovos aquí tamén moita información sobre "A DANZA MACABRA"
de Camille Saint Saens; para que aprendades máis cousiñas curiosas sobre esta peza inigualable.
3º e 4º
Imos escoitar coa imaxinación.
Para estas clases ensinareivos unha fabulosa obra chamada: "A máquina de escribir", de Leroy Anderson.
Faremos un pequeno escrito sobre o que nos suxire...e aprenderemos moitas anécdotas e curiosidades!
1º e 2º
Para os máis cativos propoño esta semana un pedacito da obra "Nun mercado persa".
Introducirémonos nun mercado do Oriente...estou segura de que vos encantará.
Non esquecemos que aínda estamos en Outono, así que traballaremos cun musicograma divertidísimo, xa veredes:
Continuamos aprendendo as partes do noso corpo; estou segura de que con esta cantiga non se nos esquecerán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario