domingo, 31 de enero de 2021

1 febreiro

 Ola a todas e todos!

Esta semana as clases para 5º e 6º van estar cheas de creatividade.

Comezamos por inventar unhas melodías para ditos e refráns populares da nosa terra. Despois podemos interpretalos acompañados de percusión corporal.
A ver que tal se vos dá.
Seguindo a orde de lista de cada un da clase; tócavos o refrán:

1. Tanto ten Xan coma Perillán.
2. Polas vésperas sácanse os días festivos.
3. Non hai pouco que non chegue nin moito que non se acabe.
4. Amiguiños, si, pero a vaquiña polo que vale.
5. Xente nova e leña verde todo é fume.
6. O que garda sempre ten.
7. Sae máis caro a salsa có peixe.
8. Outra vaca no millo.
9. A todo porco lle chega o seu San Martiño.
10. Nunca choveu que non escampara.
11. Mexan por nós e hai que dicir que chove.

12. Aire de terra, bágoas a xerras.
13. Cando as gaivotas bailan a muiñeira, hai que gardar o millo na eira.
14. Ceo empedrado, chan mollado.
15. Pouco importa madrugar, se non hai gana de traballar.

16. A moita fame, non hai pan duro.
17. Non te poñas ó sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en xaneiro.
18. Cada un fala da feira segundo lle vai nela.
19. O que regala non perde, se o que recibe o comprende.
20. Non te poñas ó sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en xaneiro.
21. No marzo abrigo, noces e pan trigo.
22. Pasando a Peregrina, inverno encima.
23. Pontevedra é boa vila ninguen a ve que n’o diga.
24. Nublada a Armenteira, norte na ribeira.

Veremos tamén a relación da música coas matemáticas:

 Repasamos a escala musical de Do:


3º/ 4º

Repasamos os instrumentos da orquestra:


Imos repasar as familias de instrumentos. 



1º/2º

Imos repasar os instrumentos musicais:

Aprenderemos a canción "El camaleón".


Se nos da tempo, podemos facer repaso de cousas que xa sabemos:




No hay comentarios:

Publicar un comentario

21 xuño

 Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...