lunes, 25 de enero de 2021

25 ao 29 xaneiro

 Ola a todas e todos!
O venres rematamos a semana facendo unha percusión corporal sobre a "Marcha Radetzky" 
de Johann Strauss.
Pero, sabedes algo máis sobre esta peza? Invítovos a pescudar sobre iso.


Con esta peza, ademáis de traballar a percusión e figuras musicais, voltamos repasar a forma musical; e tamén a intensidade do son.


1º e 2º

Esta semana practicaremos unha coreografía moi divertida.
A ver que tal nos sae!




3º e 4º

Ademáis dunha coreografía moi chula que imos aprender, quero que sigades este musicograma da "Danza das horas". Sei que vos vai encantar!


Baixo o mesmo sol:



5º e 6º

Imos adentrarnos no mundo dos xéneros musicais; o tema é moi extenso, por iso imos miralo por enriba, pero deixo aquí este libro dixital, para as persoas que queiran profundizar  e saber máis:
XÉNEROS MUSICAIS
Despois veremos este vídeo e faremos a ficha interactiva.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

21 xuño

 Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...