domingo, 22 de noviembre de 2020

23 ao 27 de novembro

 Ola a todas e todos unha semana máis!

Estes días achegarémonos á música galega, coñecendo os sons propios da nosa cultura. 


Xa estamos chegando rapidiño ao Nadal...polo que comezaremos a preparar unhas bonitas panxoliñas.
Estes días con
quero practicar un pouco de pequena percusión; coa obra "Moita festa".
Estou segura de que o faredes de marabilla!
Por outra banda, seguiremos estudando un pouco de teoría cos cadernos.



5º/6º


O alumnado de 5º e 6º estades moito máis centrados nas materias; aínda que xa un pouco cansos destes meses de duro estudo.
Hoxe imos practicar a "Muiñeira de Pontesampaio" cos paus chineses, para non perder o noso ritmo!
Agardo que vos guste!



Nas vosas casas podedes repasar as notas na frauta; así comezaremos a tocar algunha peza e podedes enviarmo ao correo electrónico cando vos saia ben!
Comezamos polas notas si e la.
Si: tapamos o buraco de arriba de todo e o de detrás.
La: tapamos os dous buracos de arriba máis o de atrás.
Isto é repaso, xa que deberiades sabelo doutros cursos. A ver que tal!





1º/2º

Esta semana tocou repasar "A marcha do león", do Carnaval dos animais, e tamén "O reloxo sincopado" de Leroy Anderson.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

21 xuño

 Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...