domingo, 9 de mayo de 2021

O GAITEIRO DE SOUTELO

 Ola! Esta semana preparamos As LETRAS GALEGAS.
Comezamos cunha historia moi divertida sobre o gaiteiro de Soutelo e a coñecida "Muñeira de Chantada"
Deste xeito traballaremos outra vez a forma musical, así coma os instrumentos típicos da nosa música.

 Conto  do gaiteiro.


Continuamos aprendendo o Himno de Galicia.
Que sabedes sobre el? O alumnado de 5º e 6º buscaredes información ao respecto.


A que é bonito?
Achégovos un fragmento dun poema de Manuel María:


Temos que coidar a nosa lingua, de nós depende o futuro do noso pobo, sobretodo da nosa cultura.
Manteñamos viva a nosa fala!

 FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

O himno galego conxuga o poema Os pinos de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.

O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituído por fogar de Breogán. Foi interpretado por primeira vez en 1907 na Habana, Cuba.

HIMNO GALEGO

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Música Galicia

Folklore

Debuxamos unha gaita e poñemos os nomes das partes.



Imos facer unhas fichas interactivas:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

21 xuño

 Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...