domingo, 2 de mayo de 2021

3 maio

 Ola! Xa estamos en maio...Queda pouco deste atípico curso, pero conseguimos superalo de marabilla,
 a que sí?
Alá imos unha semaniña máis.

4º 5º 6º

Comezamos collendo os paus chineses para acompañar esta peza tan coñecida: "O voo do moscardón"


A MÚSICA FALA

Aprendemos sobre as danzas e bailes tradicionais dalgúns lugares do noso país.
A vindeira semana iredes practicando a Muñeira coa profe María Jesús e comigo tamén!




O alumnado de 6º vai inventar unha letra para despedir este curso; utilizando como base "Yellow submarine" de The Beatles.


Por último, tentaremos cantar "Din, Dan, Don". Hai que gravar un día destes...
E MOITOS PARABENS POLA MARABILLOSA ACTUACIÓN DO MAIO!

1º 2º 3º

Seguimos practicando a negra, o seu silencio e as dúas corcheas.



O alumnado de 3º vai practicar a coreografía: "La cintura"
O alumnado de 2º tócalle "O gorila", estou segura que vos encantará!

Tamén cantaremos máis cancións galegas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

21 xuño

 Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...