Ola a todas e todos!
Esta semana as clases para 5º e 6º van estar cheas de creatividade.
Comezamos por inventar unhas melodías para ditos e refráns populares da nosa terra. Despois podemos interpretalos acompañados de percusión corporal.A ver que tal se vos dá.
Seguindo a orde de lista de cada un da clase; tócavos o refrán:
1. Tanto ten Xan coma Perillán.
2. Polas vésperas sácanse os días festivos.
3. Non hai pouco que non chegue nin moito que non se acabe.
4. Amiguiños, si, pero a vaquiña polo que vale.
5. Xente nova e leña verde todo é fume.
6. O que garda sempre ten.
7. Sae máis caro a salsa có peixe.
8. Outra vaca no millo.
9. A todo porco lle chega o seu San Martiño.
10. Nunca choveu que non escampara.
11. Mexan por nós e hai que dicir que chove.
12. Aire de terra, bágoas a xerras.
13. Cando as gaivotas bailan a muiñeira, hai que gardar o millo na eira.
14. Ceo empedrado, chan mollado.
15. Pouco importa madrugar, se non hai gana de traballar.
17. Non te poñas ó sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en xaneiro.
18. Cada un fala da feira segundo lle vai nela.
19. O que regala non perde, se o que recibe o comprende.
20. Non te poñas ó sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en xaneiro.
21. No marzo abrigo, noces e pan trigo.
22. Pasando a Peregrina, inverno encima.
23. Pontevedra é boa vila ninguen a ve que n’o diga.
24. Nublada a Armenteira, norte na ribeira.
Veremos tamén a relación da música coas matemáticas:
Repasamos a escala musical de Do:
3º/ 4º
Repasamos os instrumentos da orquestra:
Imos repasar as familias de instrumentos.
1º/2º
Imos repasar os instrumentos musicais:
Aprenderemos a canción "El camaleón".