domingo, 18 de octubre de 2020

SEMANA DO 19 AO 23

 OLA A TODAS E TODOS!
Comezamos unha semana máis.
Para 1º e 2º

Como xa está preto o Samaín...

Imos aprender unha canción divertidísima chamada: "Samaín", do grupo musical Faneca e longueirón.


Tamén é importante coñecer como se escribe a música e forma que ten.
Con este musicograma tan xenial, poderemos seguir a peza archicoñecida da peli "A familia Adams".
Estou segura que vos vai encantar!


Repasamos a danza da pasada semana: "7 SALTOS"
E por último, faremos un pouco de caderno.

3ºe 4º


Os nenos e nenas de 3º imos cantar a canción "O Samaín" de Faneca e longueirón.
Tamén acompañaremos o musicograma do outono con IPAI: MARACAS, CLAVES, PANDERETAS E TRIÁNGULO.



O alumnado de 4º seguirá o musicograma con folios, así poderemos observar a diferencia de intensidade a través do movemento.


5º e 6º

Repasamos o musicograma "Back in black".
Continuaremos facendo a ficha 1 do caderno. E se nos da tempo, repasamos os signos de prolongación.
Imos seguir o musicograma da peza: "Danza macabra" de Camile Saint Saens.





DANZA MACABRA






No hay comentarios:

Publicar un comentario

21 xuño

 Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...