domingo, 18 de octubre de 2020

SEMANA DO 12 AO 16 DE OUTUBRO

1º e 2º

Ola nenos e nenas! Aquí estamos unha semana máis.
Nestes días imos comezar cos cadernos, para coñecer un pouco mellor os sons da nosa contorna e achegarnos á linguaxe musical.
Continuamos cunha danza moi simpática que sei que vos encanta!



Repasamos a canción RECICLAR, DE Viravai.

3º/4º

Esta semana imos traballar cos paus chineses.
Primeiro, lembramos "Peer Gynt" de Edwarg Grieg.
Despois continuamos coa canción divertida: "Lobo feroz", do libro "Contos en cantos".

Acompañamos cos paus, pasarémolo moi ben!


5º/6º
Os nenos e nenas de 5º e 6º practicaredes o musicograma de "Back in black" do grupo ACDC.

Continuamos co repaso das calidades do son.
Finalizamos co traballo sobre as emocións. Sei que vos gustou moitísimo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

21 xuño

 Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...