domingo, 11 de abril de 2021

Cantos no Marcos da Portela

 Comeza un ano máis o festival de Cantos no Marcos do Portela.
Tendes que elixir unha canción tradicional galega que vos guste e poñer todas as ganas e talento!
Anímovos a todas e todos!
Aquí vos deixo algunhas cancións moi bonitas e divertidas do noso repertorio popular.
Elixide ben, seguro que vos sae fenomenal!


"POUSA, POUSA"


Fun a taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire (x2)
e como é cousa de encantamento
fun polo aire, vin polo vento (x2)

E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa, pousa axiña
e non me toques naquela cousiña. (x2)

Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas (x2)
Iso é verdade, eu non o nego
que eu andiven ás loitas co crego (x2)

E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa, pousa axiña
e non me toques naquela cousiña. (x2)

Cando me case xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo. (x2)
Cando me case xa teño un polo
xa miña nai non me ten que dar todo. (x2)

E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa, pousa axiña
e non me toques naquela cousiña. (x2)




"CATRO VELLOS MARIÑEIROS"

Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS

Ailalelo ...

Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS

Ailalelo ...

Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte)
vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno)
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro BIS

Ailalelo ..



"A VACA MARELA"

" O PARAUGAS DE XOSÉ"



A miña favorita:
" ARROLO DE DOMAIO"

"O GALO CANTA"

Estas son algunhas opcións!
Que tal se agora contamos un conto?
Faranos falta un boli ou lapis e unha libreta de aneis.


Esta semana os nenos e nenas de 5º e 6º seguiredes aprendendo sobre a voz.
Aprenderemos de memoria "Din, dan, don".
E vai sendo hora de preparar Os Maios.
Así que ide pensando unhas boas coplas para este ano, xa que a ocasión a merece...Sodes moi creativos!

1º e 2º

Imos cantar e bailar: "A miña tía"


Podedes ensaiar as vosas coplas con esta base rítmico-melódica




No hay comentarios:

Publicar un comentario

21 xuño

 Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...