domingo, 25 de abril de 2021
jueves, 22 de abril de 2021
Cantos no Marcos da Portela
Ola! Preparados e preparadas para afinar esas voces?
Aquí tendes máis cancións tradicionais galegas.
Se vos decidides por algunha e queredes a letra, non dubidedes en pedirma! Tamén podedes tocar algún instrumento como pandeiretas, pandeiros que hai na aula de música. Eu axúdovos cos acompañamentos! Participade!
Agardo que vos gusten!
"O RODABALLO"
" SE CHOVE"
Nesta páxina de Radio Picariña tedes moitísimas cancións:
Divertidas:
"25 MENTIRAS"
domingo, 18 de abril de 2021
19 ABRIL
Ola a todas e todos unha semana máis!
1º e 2º
Esta semana tentaremos facer o vídeo da nosa canción sobre o poema de Antonio García Teijeiro.
A ver que tal sae "Paspallás". Pero, ollo! Temos que ser un pouco serios e serias para gravar sen ruído de fondo...
Imos repasar os instrumentos da orquestra dun xeito divertido:
Os nenos e nenas de 1º imos aprender a canción do coello branco Milo.
Tamén veremos o conto, que é chulísimo!
Instrumentos musicais
Xogo instrumentos
Traballaremos co conto: "Como mola tu escoba", estou segura de que vos encantará!
3º 4º e 5º
Gravamos as cancións " Vou de rolda" e "Din-don-dan"
3º Imos bailar un pouco. Coreografía: "La cintura" de Álvaro Soler.
4º Coreografía: Innocence" do Circo du Soleil.
Seguiremos preparando cancións tradicionais galegas co "Karaokiño", penso que vos gustará!
6º
Temos que elixir voluntarios/as para cantar as coplas do Maios.
Practicaremos algunhas!
Aquí vos deixo un vídeo do Maio de 2019, qué tempos!
Propóñovos un reto para esta semana.
Podedes gravarvos na casa e enviarmo por email ou ben traelo nun pen-drive e o vemos na clase.
A ver cantos se atreven...
Se nos queda un pouco de tempo; os nenos e nenas de 4º-5º e 6º copiaredes unha pequena partitura, xa que fai tempo que non practicamos a linguaxe musical escrita.
Por último, para rematar veremos e escoitaremos "Show must go on" Queen
domingo, 11 de abril de 2021
Cantos no Marcos da Portela
Comeza un ano máis o festival de Cantos no Marcos do Portela.
Tendes que elixir unha canción tradicional galega que vos guste e poñer todas as ganas e talento!
Anímovos a todas e todos!
Aquí vos deixo algunhas cancións moi bonitas e divertidas do noso repertorio popular.
Elixide ben, seguro que vos sae fenomenal!
"POUSA, POUSA"
Fun a taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire (x2)
e como é cousa de encantamento
fun polo aire, vin polo vento (x2)
E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa, pousa axiña
e non me toques naquela cousiña. (x2)
Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas (x2)
Iso é verdade, eu non o nego
que eu andiven ás loitas co crego (x2)
E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa, pousa axiña
e non me toques naquela cousiña. (x2)
Cando me case xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo. (x2)
Cando me case xa teño un polo
xa miña nai non me ten que dar todo. (x2)
E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa, pousa axiña
e non me toques naquela cousiña. (x2)
"CATRO VELLOS MARIÑEIROS"
Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS
Ailalelo ...
Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS
Ailalelo ...
Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte)
vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno)
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro BIS
Ailalelo ..
"A VACA MARELA"
A miña favorita:
"O GALO CANTA"
Estas son algunhas opcións!
Que tal se agora contamos un conto?
Faranos falta un boli ou lapis e unha libreta de aneis.
Esta semana os nenos e nenas de 5º e 6º seguiredes aprendendo sobre a voz.
Aprenderemos de memoria "Din, dan, don".
E vai sendo hora de preparar Os Maios.
Así que ide pensando unhas boas coplas para este ano, xa que a ocasión a merece...Sodes moi creativos!
1º e 2º
Imos cantar e bailar: "A miña tía"
Podedes ensaiar as vosas coplas con esta base rítmico-melódica
jueves, 1 de abril de 2021
ABRIL
Ola a todos e todas! Xa estamos no último trimestre deste curso!
Que rápido pasa o tempo...
Aquí temos o vídeo homenaxe a Rosalía de Castro.
Agardo que vos guste!
O alumnado de 4º- 5º e 6º van repasar os tipos de voces.
Despois faremos un xogo!
1º-2º-3º
Nestes cursos iremos aprendendo a clasificación das voces:
1º e 2º seguiremos practicando a canción: "Paspallás"
3º e 4º seguiremos practicando: "Vou de rolda"
Escoitaremos e veremos o musicograma do "Danubio Azul"
Por último, quero ensinarlle aos máis pequenos a canción "Avestruz", como estades estudando os animais...estou segura de que vos encantará!
Despois, investigaredes nas vosas casas sobre as avestruces.
Se todavía vindes cun pouco de estrés destas vacacións...propoño facer este vals tan relaxante.
Animádesvos?
21 xuño
Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...

-
Ola nenas e nenos! Xa está chegando o Nadal... Por iso, esta semana aprenderemos unhas cantigas moi chulas e tentaremos facer algo especial...
-
Ola rapazas e rapaces! 1º a 4º Comezamos unha semaniña máis. Xa estades preparados e preparadas para O Entroido? Esta vez, tócanos coñecer ...
-
Ola nenos e nenas! 4º 5º E 6º Esta semana celebramos o Samaín. Teño unhas propostas moi divertidas para facer. En primeiro lugar imos poñer...