domingo, 28 de febrero de 2021
1 marzo
Para 4º e 5º:
domingo, 21 de febrero de 2021
22 febreiro
Ola! Alá comezamos unha semaniña máis.
Esta semana estaremos traballando sobre a figura de Rosalía De Castro e a súa obra.
5º/6º
Seguimos traballando poemas dun xeito diferente.Para 5º: "Adiós ríos, adiós fontes"
Para 6º: "Cantarte hei"
Cada grupo copiará as estrofas que lle toquen.
Tamén faremos un pouco de caderno:
Himno a San Juan Bautista
Por último, tenteredes facer unha melodía para un poema. Seguro que vos sae xenial!
1º e 2º
Os nenos e nenas de 1º e 2º ides aprender a primeira e segunda estrofa da canción "Rosalía pequeniña". Ademais imos escoitar e coñecer un pouco máis a nosa poetisa.
Faremos un debuxo de Rosalía De Castro.
3º/4º
Os nenos e nenas de 3º aprenderedes a 3º e 4º estrofa e o retrouso.
Os nenos e nenas de 4º as estrofas 5.6.7 e 8.
miércoles, 17 de febrero de 2021
18 de febreiro
Ola! Voltamos despois duns días de lecer.
Xa sabedes que o día 24 de febreiro é o día que celebramos na honra de Rosalía de Castro.
Por iso, imos traballar uns poemas desta grande poetisa. Veredes que orixinal!
Esta semana é máis curtiña, polo que traballaremos un pouco no caderno.
5º
Comezamos con esta artista para lembrar a Rosalía de Castro:
Falamos sobre sinais sonoros.
4º
O nenos e nenas de 4º curso aprenderedes esta fermosa canción, adicada a Rosalía de Castro:
ROSALÍA PEQUENIÑA
Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata

Ilustración de Marina Seoane
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.
A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.

Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.
Rosalía, Rosalía...
Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas nin ás delicadas flores.
![]() |
Poema de Rosalía sobre ilustración de Marina Seoane |
Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.
Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.
Rosalía, Rosalía...
Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa.
Uxía Senlle
domingo, 7 de febrero de 2021
8 febreiro
Ola rapazas e rapaces!
1º a 4º
Comezamos unha semaniña máis. Xa estades preparados e preparadas para O Entroido?
Esta vez, tócanos coñecer algo da obra de Camile Saint Saëns: "El Carnaval de los animales".
Penso que é unha das obras que todos os nenos e nenas deberiades coñecer.
El carnaval de los animales (en francés: Le carnaval des animaux) é unha suite musical en 14 movementos composta polo compositor romántico francés Camille Saint-Saëns. Esta obra orquestal ten unha duración de entre 22 e 30 minutos.
Cando acabemos de escoitala, podemos elixir os animais que máis nos gustaron e debuxalos. Parécevos?
Tamén imos repasar os ritmos de batucada:
Para saber máis:
En Galicia temos algo semellante á batucada; é o folión ou fulión. Veredes:
O personaxe emblemático de Viana do Bolo é o Boteiro, que durante os días de Entroido percorre as rúas da vila acompañando ao Folión. Estos Folións son procesións rituais compostas por 30 ou 40 veciños que, acompañados por bombos, azadas, guadañas e cornos, visitan distintos pobos do Concello cos seus espectaculares e brilantes gorros. O significado que acompaña aos folións alude á protección frente aos espítitus adversos, encarnados na mitoloxía popular polas “meigas” e “trasnos”.
Agardo as creacións tan divertidas dos nenos e nenas de 3º coa melodía de Frére Jacques:
Tamén as improvisacións do alumnado de 5º e 6º sobre os refráns e ditos galegos.
Todos os alumnos/as podedes crear unhas maracas de
Colleremos unhas botellas pequenas de plástico e meteremos dentro obxectos como:garavanzos, arroz, fideos pequenos, contas, lentellas.
(soamente un tipo de obxecto)
Pegaremos o tapón, para que non se abra. E decoramos con cintas, gomets, pinturas...Xa teremos feitas as nosas maracas para acompañar as cancións!
Espero que mas ensinedes á volta do Entroido.
21 xuño
Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...

-
Ola nenas e nenos! Xa está chegando o Nadal... Por iso, esta semana aprenderemos unhas cantigas moi chulas e tentaremos facer algo especial...
-
Ola rapazas e rapaces! 1º a 4º Comezamos unha semaniña máis. Xa estades preparados e preparadas para O Entroido? Esta vez, tócanos coñecer ...
-
Ola nenos e nenas! 4º 5º E 6º Esta semana celebramos o Samaín. Teño unhas propostas moi divertidas para facer. En primeiro lugar imos poñer...