domingo, 21 de marzo de 2021

22 de marzo

 Bueno...e chegamos ao final do segundo trimestre!
Que rápido pasa o tempo, verdade?


4º/5º/6º

Esta semana toca corrixir algunhas cousas que temos pendentes do caderno.
Hoxe, día 22, conmemoramos o "Día Mundial da Auga". Todas e todos sabemos que debemos coidar o noso planeta, e que a auga é un dos principais bens que temos.
Debemos saber a importancia que ten nas nosas vidas.
Desde a clase de música, ímos poñer o noso gran de area con esta fabulosa canción:


Que tal se facemos un debuxo sobre o bo uso e a conservación da auga?

Ao regreso da Semana Santa, temos que aprender o poema : "Din, dan, don".

Para rematar, o alumnado de sexto fará un pequeno estudio sobre o aparello fonador e o aparato auditivo.

Para rematar, escoitaremos  "A primavera" de Vivaldi:


1º/2º/3º

Xa chegou a primavera este fin de semana pasado!
Por iso traballaremos o Vals das flores de Tchaikovsky e "A primavera" de Vivaldi.



Se nos da tempo, acabamos con fichas do caderno.

Valoraremos este segundo trimestre entre todos!


domingo, 14 de marzo de 2021

15 MARZO

 Ola! Xa estamos a metade do mes de marzo.
O prometido é deuda, así que aquí están as vosas chulas creacións.
Encantáronme. Nestas semanas irei poñendo todas.

5º e 6º

Estes días aprenderemos unha canción moi bonita realizada cos versos de Antonio García Teijeiro.
"DIN DAN DON"
Tamén seguiremos traballando sobre a música na publicidade e inventaremos os nosos propios "jingles".

Se temos un pouco de tempo, faremos esta actividade tan orixinal.
7 palabras para 7 músicas. 7 lugares.


Os nenos e nenas de 5º van tocar a polifonía rítmica cos instrumentos de pequena percusión.

1º e 2º

Para vós teño a canción "Paspallás".



Estase achegando a Primavera, así que escoitaremos esta peza tan importante e bonita.
"Vals das flores"

Repasamos o tempo na música:




TEMPO4

3º e 4º

Imos aprender a canción "Vou de rolda"
Repasamos a velocidade, o "tempo" na música.



domingo, 7 de marzo de 2021

8 marzo

 Ola! Esta semana traballaremos o "Día da Muller" e a importancia que ten a igualdade entre homes e mulleres.

IGUALDADE DE XÉNERO




1º e 2º

Algunhas fichas interactivas para repasar:

CALIDADES DO SON

A ORQUESTRA

Ao son desta canción celebramos o Día da Muller:



3º e 4º









Podemos bailar este baile tan divertido:



Gravamos a canción de Rosalía pequeniña.

5º e 6º

Imos escoitar algunhas cancións que nos farán reflexionar un pouco.





Agora imos con Maluma beibi e Beatriz Luengo. Analizamos as dúas letras:





21 xuño

 Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...