domingo, 20 de diciembre de 2020

21 de decembro

 Ola! Como xa sabedes, este ano celébranse os 250 anos do nacemento de Ludwig Van Beethoven.
Por aquí vos deixo unhas actividades para coñecer un pouco máis ao xenio.
Ademais poderemos repasar os matices.
Agardo que vos gusten!


O XENIO BEETHOVEN

Se queredes pasar un ratiño divertido e ademais aprender os distintos tipos de voces...

VOCES ÓPERA

Desexarvos a todas e todos unhas felices festas de Nadal!
Vémonos en xaneiro! BICOS!



martes, 15 de diciembre de 2020

14 ao 18 de decembro

 Ola nenas e nenos! Xa está chegando o Nadal...
Por iso, esta semana aprenderemos unhas cantigas moi chulas e tentaremos facer algo especial entre todos e todas.
Agardo que lle poñades moitas ganas e interese, xa veredes o resultado :)
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º practicaremos este clásico de John Lennon, que nunca pasa de moda e é unha peza fundamental ademais de fermosa que todo o mundo debe coñecer:

😃


Os nenos e nenas de 3º e 4º: "O PELO ROXIÑO"
Aquí tendes a letra, para lembrar:

O PELO ROXIÑO


Xesusiño está nas pallas
Súa nai está con el
Xunto a el tamén están
O boi , a mula e máis Xosé (Bis)


Retrouso
E "vamos" a ver
E "vamos" a ver
O noso meniño
Que naceu
Cos ollos azuis
E o pelo roxiño

Acendede catro pallas
E "vámonos" para Belén
Cantarlle ron ron ao neno
Para facelo durmir ben.


Retrouso
Estas uviñas uviñas
I estas castañas con mel
Son pro meu meniño
meigo
Pro meu meniño Manuel.
 


A rapazada de 1º e 2º imos cantar entre todos esta panxoliña, seguro que vos queda xenial:






21 xuño

 Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...