miércoles, 30 de septiembre de 2020

REPASAMOS

 Ola rapazada! Hoxe imos repasar o visto nas clases esta semana.

Para 5º e  6º:

Volvede a escoitar as pezas tan bonitas que vos ensinei e podedes rematar a ficha sobre :
Tempo- Intensidade- Carácter. Pinchade no enlace:

AUDICIÓNS

Para os cursos: 3º,4º,5º e 6º :

Podedes seguir practicando a canción de Marshmello coa percusión corporal.

Ánimo, seguro que o facedes xenial!


Por último, 1º e 2º repasamos "Cocorico"



Para todos os cursos:

déixovos este vídeo para calentar a voz antes de cantar. Agardo que vos guste! Ademáis é mellor facelo na casa, por agora...


Por último, lembraremos a escala musical:

A ESCALA MUSICAL


 Isto é todo por hoxe! Lembrade escoitar boa música! APERTAS!


martes, 22 de septiembre de 2020

21 DE SETEMBRO 2020

 Ola rapazada!
Aquí estamos unha semana máis! Agardo que todos teñades moitas gañas de tocar e cantar.
Comezamos co repaso sobre o son e as súas calidades.
A materia prima da música é o son.
O SON E AS SÚAS CALIDADES

O SON

CALIDADES DO SON

Algo que temos que ter moi en conta na nosa vida diaria é o ruído e os seus efectos na nosa saúde.
Por iso é moi importante coñecer as causas de contaminación sonora e tentar afastarse dela.
Déixovos uns vídeos moi interesantes:

CONTAMINACIÓN SONORA


Por último, celebramos este ano o 250 aniversario do nacemento de Beethoven.
Aquí tendes un xogo moi divertido sobre algunhas pezas da súa obra:



XOGO BEETHOVEN


miércoles, 9 de septiembre de 2020

BENVIDOS AO NOSO BLOG

Ola nenos e nenas de Monteporreiro! Son María, a nova profe de música do voso colexio.
Imos comezar este novo curso con moitísima ilusión! Pasarémolo xenial e xuntos nos coidaremos.
Neste blog compartiremos actividades musicais, ademais de vídeos, actuacións que me vaiades enviando.

PRESENTÁNDOME

Para comezar, podemos repasar algúns contidos do curso pasado.
Música para todos

21 xuño

 Última semana do curso! Agotadas e agotados estamos, non si? Soamente teño que dicirvos que sodes uns campións e campionas... Deste curso l...